jueves, 31 de octubre de 2013

JUEVES PORNO EN EL EMBORA (SANTIAGO)


Durante os catro xoves do mes de novembro, o bar EMBORA celebrará catro concertos gratuítos de catro grupos PORNO vibrantes, emerxentes e emprendedores. PORNO, o selo ourensán autoxestionado, quere penetrar con forza na actualidade musical da capital galega antes de facelo noutras cidades, e para iso impulsa a iniciativa exclusiva de presentar ós seus artistas DE BALDE. Só por esta vez!

O novembro PORNO abrirano UPPERCUT o día 7 ás DEZ DA NOITE (a hora repetiráse en todos os concertos). Deles coméntase que “desde 2008 están nerviosos” e a súa música é unha consecuencia desas circunstancias. Non hai acordo para poñerlles unha etiqueta, pero case todas son nomes compostos como post-rock porque fan música complexa. Ás veces agresiva e outras, incluso, bonita.

A seguinte semana, o xoves 14, tocarán MONSTRUO, que volven a Compostela despois de ter pechado en verán o Festival Compost & Psicodelicias. As súas cancións acollen tendencias ben distintas, como se tentaran mesturar a rabia do pop coa sensibilidade do punk e se quedaran a medio camiño, facendo algo intensamente caótico e ruidoso pero excitante. O mesmo pasou co grunge.

Os terceiros en discordia no novembro PORNO serán PSYCHOTIC ACID FREEK, que debutan en directo con este proxecto o día 21 pero contan xa con unha traxectoria sólida en grupos como Los Thyssen ou Thee Boas. Exóticos, dicen que son un “dúo de blues do Delta, pantanoso, ruidoso e hipnótico e procedente de O Grove” e neles síntese tanto a influencia da tradición americana como o interese polo noise e os patróns rítmicos da Velvet Underground.

Para rematar, o 28 pecharán o ciclo UZUMAKI, un dúo potentísimo de guitarra e baixo que substituíu o erro humano dos baterías polo automatismo dunha caixa de ritmos. “A marcha ten unha relación indirecta coa velocidade e a infabilidade pontificia das máquinas”, aseguran. Así, hai neles poderío e rapidez hardcore, pero tamén ritmos case chamánicos e xogos de voces próximos ó trance.


Pódese escoitar ós grupos implicados nos seguintes enderezos electrónicos:

http://discosporno.bandcamp.com/

http://subesube.bandcamp.com/

http://monstruo.bandcamp.com/

http://psychoticacidfreek.bandcamp.com/

http://discosporno.bandcamp.com/album/uzumaki-adelanto